Terá lugar o sábado 25 de agosto desde as 20.30 horas, na polideportiva de Castelo. As racións, cun prezo de 8 euros, incluirán chorizo criollo, pan e viño.

A churrascada de Castelo é unha das máis populares de toda a comarca da Coruña. É habitual que o número de racións servidas chegue ás 1000. Son ao redor de cincuenta veciños da parroquia os encargados de cociñar a carne en enormes grellas, e de atender a todos aqueles que queren achegarse para probalo.

foto-churrasco