O Castelo Conta é un festival de artes escénicas que ocupa boa parte da programación das festas de Castelo na súa edición do 2018. Celébrase entre os días 20 e 25 de agosto, con actividades en diferentes puntos da parroquia.

DE LUNS A VENRES, POLAS MAÑÁS

O CASTELO CONTA DOS PEQUENOS

Obradoiro de música, canto e danza con Sara Fandiño, obradoiro de construcción de decorados con Suso Montero e Noela Gutiérrez, ruta de sendeirismo teatralizada polo Monte Xalo. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

DE LUNS A VENRES, DE 16.30 A 19.00

CONTOS DE CASTELO

Encontros entre os maiores de Castelo para falar da tradición oral, cada día nunha aldea. Coa colaboración de Marcos Pereiro (fotógrafo) e Luis Prego (investigador).

DE MARTES A XOVES, ÁS 20.00

OS SERÁNS DO CASTELO CONTA

MARTES 21  con Xacarandaina

MÉRCORES 22 con Elefante Elegante

XOVES 23 con Xabier Díaz

VENRES 24, POLA MAÑÁ

– Mostra do traballo realizado durante a semana no ‘Castelo Conta dos pequenos’

– Encontro interxeracional entre os nenos e nenas e os maiores de Castelo

– Micro sesión vermú con Voodoo.

VENRES 24, ÁS 22.30

SOMOS CRIMINAIS

Con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán

VENRES 24, ÁS 00.30

OS REVENIDOS

Música

SÁBADO 25, DESDE AS 13.00

A ANDAINA DO CASTELO CONTA

Xantar e andaina polas aldeas de Castelo, coas contadas de Quico Cadaval e Celso Sanmartín.

SÁBADO 25, DESDE AS 20.30

A CHURRASCADA DAS FESTAS

SÁBADO 25, DESDE AS 23.00

O ESPECTÁCULO DO CASTELO CONTA

Con Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, David Amor, Eva Iglesias e David Perdomo

SÁBADO 25, ÁS 01.30

A CHARANGA MEKÁNICA

Música

FIN DE FESTA

DJ con Mínimo Eventos