Desde hai varios lustros a Comisión de Festas de Castelo é a entidade encargada da organización das festas na honra de Santiago Apóstolo e San Ramón, os dous patróns desta parroquia cullerdense. Tradicionalmente foron veciños de Castelo os únicos membros da Comisión, aínda que nos últimos anos, e en varias etapas, foron varios os rapaces e rapazas que, ben pola súa participación nas actividades que se desenvolven na parroquia, ben por formar parte doutras entidades como a asociación Castelo Deporte, colaboraron na organización das festas. Desde o ano 2012 a Comisión de Festas de Castelo está inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

A Comisión de Festas de Castelo fórmana, Javier Raimúndez, Antonio Fero, Álvaro Pérez, Manuel Manteiga e Lorenzo Vázquez.

– Descarga os estatutos da Comisión de Festas de Castelo

bochinchedentro