|
|||||
Verbena histórica para o recordo Máis de 4.000 persoas de asistencia e 1.215 racións servidas na churrascada. Os datos avalan a espectacular festaza vivida en Castelo o día grande das festas na honra a San Ramón do 2011. ![]() O pasado venres 26 de Agosto de 2011 quedará marcado na memoria dos veciños e veciñas de Castelo, xa que o vivido nese día rompeu previsións convertindo o que iba ser unha festaza nunha espectacular festaza. Teríamos que remontarnos ao ano 2005 para atopar o precedente máis cercano de algo semellante, onde aquela festa na honra a San Ramón protagonizada polas orquestras Panorama e París de Noia reuniu unhas caracterísiticas similares ás de esta edición de 2011. En calqueira caso, a verbena ofrecida polo grupo Ciclón, a orquestra Panorama e precedida da tradicional gran churrascada que amenizaron Faragullas & Molladiños alcanzou o status de histórica en Castelo; e nin sequera a intensa chuvia que durante uns 3 minutos e que contra todo prognóstico descargou en Castelo contra as 22:00 da noite foi impedimento para elo. O primeiro dos motivos para ese adxectivo foi o da asistencia, xa que dende a Comisión de Festas estimamos en máis de 4.000 persoas as que asistiron en total ao día grande do San Ramón 2011. Tamén histórica pola cantidade de churrasco que degustaron os presentes, cun dato de 1.215 racións servidas de carne, pan e viño o pasado venres dende as 20:00 horas da tarde ata aproximadamente case a medianoite. E tamén histórica polos datos que coñecemos dos bochinches-bar dispostos e xestionados pola Comisión de Festas: uns 700 litros de cerveza Estrella Galicia e máis de 150 caixas de refrescos consumidos, máis de 3 conxeladores cheos de xeo usados, existencias agotadas ao remate da noite de prácticamente tódalas marcas de ron e case tamén no resto das bebidas... etc. En definitiva, desbordáronse tódalas previsións. Aparte do traballo de Dani, Ferre, Kiko, Litos, Marcos, María, Noela, Santi, Toñito e un servidor como Comisión de Festas; todo iso foi posible gracias aos veciños de Castelo, ás empresas patrocinadoras, aos proveedores que seguiron a confiar en nós, á xente que organizou e se encargou da churrascada, ao concello de Culleredo, ao bo facer dos camareiros e camareiras, á Asociación Castelo Deporte polo dispositivo de tráfico organizado, ás xeniais actuacións de Faragullas&Molladiños, Ciclón e Panorama; e de toda a xente que colaborou (que foi moita) dalgunha forma e nos botou unha man nese venres 26 de Agosto para telo todo a punto de cara á gran cita, como tamén o domingo ao remate das festas. E por suposto tamén esa gran festaza foi posible grazas a todos vós, @s festeir@s chegados dende tódolos puntos da comarca e moitos tamén fóra dela que enchéstedes o campo da festa de Castelo. Tampouco podemos esquecer en felicitar a Lidia, veciña de Culleredo que foi a agraciada no sorteo da estancia de dúas noites no Hotel Golf Balneario na Ribeira Sacra por cortesía de Viajes Matogrande; e tamén a quenes seguístedes desfrutando das festas na honra a San Ramón o sábado na verbena amenizada por Blue Star e os que despois das misas na capela vos achegástedes o domingo á sesión vermú amenizada polo dúo Son Latino, a pesares da molesta presenza de avespas. En resumo, e brevemente: o noso agradecemento a tod@s os que fixéstedes posible este San Ramón. GRAZAS A TOD@S |
|||||
![]() |
|||||
![]() |
|||||
![]() |
|||||
![]() |
|||||
![]() |
|||||
| COMISIÓN DE FESTAS DE CASTELO :: G-15750833 |