cartel-aoxalopolosantiagoPor quinto ano consecutivo o deporte formará tamén parte da programación de actividades das festas do Santiago Apóstolo en Castelo.

Ao Xalo polo Santiago! é o nome da carreira e a andaina que o 22 de xullo terá lugar polo monte Xalo, con saída e chegada na polideportiva de Castelo. Un percorrido de dez quilómetros polas sendas máis fermosas do noso monte.

As inscricións están abertas ata o 19 de xullo a través da web das Festas de Castelo, ou no Centro Social de Folgueira.

A saída está prevista para as 11.00 horas desde a polideportiva de Castelo, o mesmo lugar que despois acollerá a gran paella do Día dos Veciños.

O prezo da inscrición é de 15 euros (inscrición, xantar, agasallo e seguro de accidentes).

Anótate aquí!