O Castelo Conta terá lugar o sábado 26 de agosto en Castelo. Trátase dunha actividade inédita: nunca antes tantos cómicos galegos de recoñecido prestixio e popularidade se xuntaron nun mesmo día e lugar para celebrar un espectáculo conxunto.

Todos os veciños e veciñas de Castelo están convidados a esta actividade. Recibirán o seu convite no momento no que a Comisión de Festas pase polas casas os días antes da festa.

Para o resto de interesados en achegarse ese día a Castelo, estas son as posibilidades:

ANDAINA + CEA + ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS | ENTRADAS ESGOTADAS
Inclúe a participación na andaina, cun mapa e folleto do percorrido, un agasallo, pinchos e bebida durante a ruta e seguro de accidentes. Ao chegar á polideportiva, cea (mexillóns da ría e polo con pementos de Arnoia, con mesa e cadeira reservada), e espectáculo de monólogos.

CEA + ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS | ENTRADAS ESGOTADAS
Inclúe a cea na polideportiva (mexillóns da ría e polo con pementos de Arnoia, con cadeira reservada) e o espectáculo de monólogos.

ESPECTÁCULO DE MONÓLOGOS| 10 € 
Inclúe o espectáculo de monólogos con cadeira reservada (só para a venda anticipada).

Os nenos menores de 5 anos poderán participar de xeito gratuíto tanto na andaina e poderán asistir ao espectáculo de monólogos. Na andaina estarán cubertos polo seguro de accidentes e terán acceso ao avituallamento, pero non recibirán obsequio. Tampouco terán ticket para a cea.

Pódense mercar as entradas a través de Ataquilla, e tamén en Casa Rodríguez (Castelo – Culleredo) e en Ainé Producións (Matogrande – A Coruña).