A churrascada de Castelo é unha das máis coñecidas e populares de toda a provincia da Coruña. Desde as oito da tarde de cada último venres do mes de agosto os veciños e veciñas preparan e serven centos e centos de racións (unha media de 800 cada ano), que degustan os asistentes antes de gozar coas orquestras que a Comisión de Festas leva ao campo grande da parroquia.

Cando se fala da churrascada de Castelo fálase tamén do pan, elaborado especialmente nun forno de Carral para esta festa, do café e do licor café. Manxares que fan que os visitantes sempre repitan ao ano seguinte.

Pola festa grande de Castelo teñen pasado milleiros e milleiros de persoas. Se algún ano destacou foi o 2013, cando ao redor de 8000 persoas encheron por primeira e única vez o campo da festa coas orquestras Panorama e El Combo Dominicano.

churrascada