Castelo é unha parroquia do interior de Culleredo, moi próxima a Carral, situada ao pé do Monte Xalo. Está situada a 20 minutos en coche da Coruña, e conta con dous accesos principais.

  • Desde a N-550 (A Coruña – Santiago), entrando por Altamira, Tabeaio ou Carral
  • Desde a AC-523 (A6 – Cerceda), entrando por Celas de Peiro

O mellor acceso é, en calquera caso, o da N-550 por Altamira. Xusto antes de chegar ao Centro de Oportunidades de El Corte Inglés (desde A Coruña) deberemos coller a primeira estrada a man esquerda, que nos levará nuns 4 minutos ata o centro de Castelo, no lugar de Folgueira.