Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comunións… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, estarán de novo en Castelo. A base do seu espectáculo é a parodia das típicas sesións vermús galegas, unha mestura entre o humor dialogado e cantado… e sempre coa retranca como principal protagonista.

Actuarán o sábado 26 de agosto dentro da programación do Castelo Conta, no seu propio escenario, que contará con importantes melloras técnicas, e sen límite horario… para variar.

ostristes