O último domingo de agosto ten lugar en Castelo a Romaría do San Ramón, no campo da capela do mesmo nome, situada en Folgueira. Trátase dunha xornada festiva, de tradición, na que cando o tempo o permite teñen lugar misas no parque, oficiadas ao redor dun importante número de asistentes, veciñas e veciños, pero tamén visitantes, que se achegan a Castelo para gozar desta celebración.

Ese mesmo día ten lugar desde primeira hora a tradicional alborada polas casas de toda a parroquia, que logo da misa, remata na sesión vermú máis multitudinaria do ano, que adoita poñer o punto e final a varios días de celebracións en Castelo.

gaiteiros