santiago2018As festas do Santiago Apóstolo en Castelo abriron, como cada ano, a programación festiva do verán na parroquia.

O domingo 22 de xullo tivo lugar a quinta edición da carreira e a andaina das festas. Unha ruta duns dez quilómetros por pistas e sendeiros do Xalo con ao redor das cen persoas, ás que se uniron boa parte dos veciños ao mediodía, na polideportiva, para degustar unha saborosísima paella.

Á tarde houbo inchables para os máis pequenos, e contra a noite a orquestra La Ocaband animou a verbena, encargándose tamén antes da sesión vermú.

Xa o martes 24 tivo lugar a verbena na víspera do patrón da parroquia, coa orquestra Foliada, na polideportiva de Castelo.

O mércores 25 soaron as alboradas por toda a parroquia desde primeira hora e antes da misa, logo da cal os veciños gozaron da sesión vermú, co grupo Sintonía, que puxo o punto e final ás festas do Santiago 2018.